Vermello e Negro
Música Cosmopolita

NajwaJean "Till it breaks"

Posted In: , . By OiaCeive

Cando se cumpren 10 anos da publicación do primeiro álbum da actriz e cantante Najwa Nimri e o produtor Carlos Jean, co nome de Najwajean, ambos os músicos volven traballar xuntos, tras varias experiencias en solitario, e fano cun novo disco "Till it breaks" e a súa primeiro xira de concertos. Segundo anunciou hoxe a discográfica Subterfuge, o dúo publicará o 18 de xuño unha nova edición de "Non blood", o seu primeiro traballo editado fai dez anos, con dous temas inéditos e unha selección de versións, remesturas e rarezas".

 

Coldfinger é un dúo portugués formado por Margarida Pinto (voz, piano) e Miguel Cardona (guitarras, percusións, programación e produción). Un estilo baseado na música electrónica moderna é a súa tarxeta de presentación, e desenvólveno incorporando influencias moi variadas que derivan para xéneros como acid-jazz, funk, drum & bass, soul, trip-hop e unha boa doses de breakbeats e scratchs.